Esta tarde celébrase na Facultade de Informática da Coruña a festa das festas, a Mapping Party FIC’15. Conta cun dobre obxectivo, por un lado descubrir OpenStreetMap e por outro divertirse mentres se contribúe a aumentar os datos xeográficos con licenza libre.

Este obradoiro estará organizado polas asociacións de software libre Xeopesca e GPUL e conta coa colaboración da Facultade de Informática da Coruña e da Amtega.
A actividade comenzará as 16:30 e rematará as 20:30, tendo o seguinte programa:
- Que o OSM (OpenStreetMap)?
- Como se contribúe a OSM?
- Mapeadores de campo: OSMTracker
- Mapeadores de salón: iD, JOSM
- División en equipos para mapear.
- Mapeadores de campo [se o tempo o permite]
- Mapeadores de salón
Nesta actividade existe un máximo de participantes polo que é imprescidible inscribirse no seguinte formulario.
Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Xeopesca realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.
