Mancomún

Nova páxina de hardware da Comunidade KDE

Venres, 21 Febreiro 2020

A Comunidade KDE ten unha nova páxina de hardware , onde se recompilaron todos os dispositivos que poden ser adquiridos con software KDE por defecto.

Trátase de presentar aqueles proxectos que xa chegaron ao mercado, non aqueles nos que se está traballando.

Atoparemos dúas categorías: dispositivos que por defecto veñen con Plasma e dispositivos que opcionalmente soportan Plasma.

Dentro da primeira categoría atópanse: KDE Slimbook II, Kubuntu Focus e o Pinebook 11-polgadas.

Na segunda temos tres empresas: Slimbook, Tuxedo e ZaReason.

Máis información no blogue de KDE

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal