Continuamos a publicación dos artigos tecnolóxicos adicados á solución Zabbix. Lembremos que se trata dunha ferramenta de software libre para monitorización de redes. Permite monitorizar e rexistrar o estado de varios servizos nunha rede de ordenadores, servidores ou hardware da propia rede. Está dispoñible baixo a licenza de software Libre GPL. Entre as súas características destacan:
- Verificar a dispoñibilidade e nivel de resposta de varios servizos como por exemplo servizos web ou de correo.
- Permite obter estadísticas como carga dunha CPU, uso de disco, ancho de banda da rede…
- Permite monitorizar servizos a través de protocolos como SNMP, TCP, ICMP ou SSH e telnet.
Esta nova publicación segue a liña marcada por anteriores entregas para a difusión desta mesma solución.
https://www.mancomun.gal/artigo-tic/zabbix-24-arquitectura/
Como xa é coñecido, Zabbix foi incluido recentemente entre as solucións dispoñibles para proba e avaliación dende o Centro Demotrador TIC Virtual, acción que foi complementada á súa vez co seminario “Introdución á monitorización de sistemas co software libre Zabbix e aplicabilidade a outros campos como a industria” impartido pola empresa Muutech da que se pode recuperar a gravación da sesión para todos aqueles que non pudiesen asistir á mesma.
Artigos anteriores da serie
https://www.mancomun.gal/noticias/novo-artigo-tecnoloxico-adicado-zabbix-unha-solucion-para-monitorizar-os-teus-servizos-con-software-libre/
https://www.mancomun.gal/artigo-tic/zabbix-14-orientacion-itil-da-supervision-de-servizos/
