O grupo Python Vigo reunirase o 19 de decembro ás 20.00. Nesta ocasión a cita terá lugar no Colexio Daniel Castelao de Vigo.

Localización

A partir desta reunión, de 19.30 a 20.00, a xente de Python Vigo axudará ás persoas que leven o seu portátil a instalar e configurar Python e ferramentas básicas, para poder levar o equipo preparado para poder empezar a experimentar.
Programa de actividades
Charlas:
– Crear contornas virtuais e instalar paquetes de Python por Miguel González (Nivel Iniciación).
As contornas virtuais son unha das ferramentas básicas que todo programador de Python debería coñecer. Que son e como se crean? Como se instalan módulos para estender as capacidades que proporciona Python de base?.
– Introdución a Ansible por Daniel Sánchez. Daniel Sánchez falaranos sobre esta ferramenta imprescindible á hora de automatizar despregamentos de todo tipo de proxectos. Útil e aplicable desde os escenarios máis sinxelos cun só servidor, ata as configuracións máis complexas de múltiples dispositivos e servidores distribuídos.
Lightning Talks:
Exposicións rápidas de 5 minutos cronometradas sobre calquera tema de Python ou relacionado con el.
Recompilación de preguntas e dúbidas.
Ao rematar, a reunión trasládase a algunha cafetería próxima para seguir charlando e tomando algo.
En xaneiro empezarán coa serie de Introdución a Python, e Xabi Crespo falará sobre IA para satélites.
Repositorio de materiais das charlas anteriores
Podedes acceder ao repositorio a través desta web.
Canles de comunicación co grupo
Lista de correo (única vía 100% oficial)
Twitter
Grupo de Telegram
Slack (canal #pythonvigo)
Fonte orixinal do logotipo de python:
https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Python-logo-notext.svg#/media/File:Python-logo-notext.svg
