Mancomún

Nova tradución en marcha no traduCIF da CiberIrmandade da Fala: SOBI2

Xoves, 15 Xaneiro 2009

http://www.mancomun.org/images/stories/ciberirmandade.pngNa web da CiberIrmandade da Fala informan de que acaban de subir un novo software para traducir por voluntarios no seu TraduCIF. O software en concreto é o SOBI2:

“A CiberIrmandade da Fala vén de engadir o SOBI2 no traduCIF para a súa tradución pola comunidade. SOBI2 (Sigsiu Online Business Index 2) é un compoñente, módulo e plugin para Joomla! 1.0 que funciona en 1.5 e que facilita xestionar directorios ou anuncios (de calquera clase, incluídos comerciais). Polas súas características, en especial polo seu potencial uso no mundo empresarial que tanto precisa galeguizarse, a CiberIrmandade considera positiva a tradución deste compoñente de Joomla! para a normalización da nosa lingua. Convidámosche a que participes na tradución deste compoñente…”

A tradución actualmente atópase rematada nun 65.3%…

Fonte orixinal da nova e máis información en:
http://www.ciberirmandade.org/sitio2007/content/view/568/1/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal