UbuntuiES é unha distribución GNU/Linux, optimizada para correr en modo [[LIVE]], desde un PenDrive. Comezou sendo unha distribución para estudantes e docentes de ensino secundario, pero hoxe conta con numerosas facilidades que o fan ideal para calquera tipo de usuario. A última versión recen
saída é a 8.3
Por executarse desde unha memoria FLASH, garante unha velocidade de proceso maior que dende o típico CD. O sistema LIVE garante, un sistema único e homoxéneo con independencia do computador en que se utiliza.
Grazas ao exclusivo instalador en PenDrive, a creación e duplicación de PenDrives é tan sinxela como facer un click na icona que aparece no escritorio. Con UbuntuiES é máis fácil que nunca compartir unha distribución GNU/Linux repleta de funcionalidades. O noso instalador crea tamén unha partición para gardar os datos do usuario, de tal modo que podemos trasladar nun só dispositivo todo o necesario para traballar.
Como o seu nome indica, é unha personalización da robusta distribución internacional Ubuntu, polo que herda desta todas as súas funcionalidades e estabilidade.
Outra prestación exclusiva deste sistema, é a posibilidade de elixir no arranque, entre varias opcións, como o escritorio que atoparemos ([[Gnome]], [[xfce4]] ó [[Enlighthenment]]), así como o arranque con controladores específicos, para tarxetas gráficas ATI, NVIDIA e controladores WIFI.