Mancomún

Nova versión, a 3.0, do CRM-ERP openXpertya

Martes, 10 Novembro 2009

openXpertyaEste pasado 2 de novembro, e despois de milleiros de descargas das distintas versións da rama 2.x, comezou o proceso de publicación da versión 3.0 de openXpertya.

Esta nova versión da que se coñece como “a solución empresarial global” publícase baixo a licenza LPSLC (“Licencia Pública en software Libre en Castellano”).

Co lanzamento desta nova versión iníciase toda unha nova fase na vida do proxecto. Como eles mesmos din, cambiaron moitas cousas para intentar adaptar o software ás necesidades e ás peticións da comunidade, e facelo máis accesíbel, atractivo, fácil e cómodo.
As melloras introducidas nesta versión, tal como podemos ler na nota da publicación na súa páxina web, son as seguintes:

  • Un novo instalador, sinxelo, áxil e intuitivo, co que só teremos que dispor de Java para comezar a probar o aplicativo.
  • Unha nova aparencia para o aplicativo.
  • Un panel de control personalizábel (o “Escritorio Tecnoxperience”).
  • Cambios radicais na xestión das xanelas.
  • Un TPV, que se integrou en openXpertya para cubrir as necesidades das PEME e das empresas con venta directa ao público.
  • Integración con Asterisk.
  • Engadíronse funcionalidades de xestión do persoal.
  • Incorporáronse os últimos informes contábeis, e multitude de novos informes, a través da integración con Jasper

Os arquivos binarios desta versión poden descargarse dende a sección de descargas da súa web, e o código fonte pode obterse dende o sitio de código fonte do proxecto, así como dende o seu repositorio en SourceForge.

Pódese consultar información máis detallada na nota do lanzamento na páxina de openXpertya.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal