Recentemente foi publicada a versión 2008 de Alien Area, un FPS(First Person Shooter) ambientado nunha loita entre marcianos. Está baixo GPL e para varias plataformas.
Para esta versión 2008 cambiouse un pouco o tema xeral do xogo, dándolle agora un toque un pouco máis serio pero mantendo o estilo retro. Este cambio de estilo significou numerosos cambios no contido do xogo, novos efectos visuais, diversos axustes, engadíronse dezasete niveis, novos personaxes, e novas armas.
O motor do xogo tamén foi mellorado, con novas características que melloran notablemente o aspecto visual nos equipos máis potentes, e con diversas optimizacións de rendemento, sendo agora o xogo ata un 30% máis rápido que a versión 2007.
Fonte: Linuxjuegos.com
