O pasado 9 de xaneiro a Comisión Europea aprobou a actualización da licenza pública da Unión Europea (EUPL). Fixéronse sete aclaracións no texto da licenza que non mudan o seu significado orixinal. Esta mellora da EUPL considerouse necesaria a raíz dunha xornada de traballo organizado pola Comisión Europea en 2008 e logo das conversas sostidas cun grupo duns cincuenta expertos xuristas en código aberto que participaron na tradución da licenza aos idiomas oficiais europeos. A licenza tamén se discutiu coa Open Source Initiative (OSI), proceso que aínda non está rematado.
A Comisión tamén validou a EUPL v1.1 en todos os idiomas oficiais da Unión Europea.
A primeira versión da EUPL publicouse o 9 de xaneiro de 2007, o 9 de xaneiro de 2008 aprobáronse as traducións da licenza ás 22 linguas oficiais.
O Observatorio e Repositorio de Código Aberto (Osor.eu), amosa un total de 11 aplicativos publicados baixo a EUPL. Exemplos de tales aplicativos son Wollmux, unha extensión para OpenOffice.org para crear formularios e cabeceiras para por exemplo papel timbrado; IPM, unha ferramenta para crear cuestionarios en liña; e OSBD, unha ferramenta para proporcionar e xestionar os escritorios virtuais ofrecidos a través dunha rede de área local ou pola Internet.
Fonte: OSOR
