Mancomún

Nova versión de Fedora dispoñible

Mércores, 16 Maio 2018

A distribución comunitaria da familia de Red Hat, Fedora, liberou a versión número 28 neste mes de maio.
Esta nova versión conta con novidades como a optimización dos axustes de enerxía para un consumo máis eficiente da batería en portátiles, a incorporación do novo Gnome 3.28 e o soporte de Thunderbolt.

Esta nova versión pode descargarse dende a páxina de descargas do proxecto.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal