Mancomún

Nova versión de GIMP

Xoves, 21 Decembro 2017

GIMP, o programa de manipulación de imaxes por excelencia no mundo do software libre, acaba de anunciar unha nova versión, a 2.9.8. Esta nova versión conta con melloras no editor de gradiente, soporte para wayland e diversas melloras de usabilidade e interface. Para ver todas as melloras desta versión, podes ver o anuncio oficial.

Aínda que a nova versión foi publicada xa hai unha semana, tratase dunha versión de desenvolvemento, polo que para poder probala tes que acceder á web de descargas en desenvolvemento.

Compre destacar que o GIMP está traducido tanto a galego coma a español.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal