O popular editor en liña de comandos nano ven de publicar unha nova versión, a 2.9.
Entre as máis salientables novidades, compre destacar unha, a capacidade de grabar e reproducir as nosas pulsacións de teclado.
Licenciado baixo a GPL, pódese descargar tanto no seu web como dos repositorios das principais distribucións.
