Mancomún

Nova versión de GRUB en desenvolvemento

Mércores, 7 Xaneiro 2009
A comunidade de persoas desenvolvedoras de GNU GRUB está traballando nos últimos meses nunha nova versión de GRUB, á cal denominan polo momento GRUB2.  GRUB é un dos xestores de arranque que poden ser atopados en Linux e, máis concretamente, no Galinux. Estes aplicativos permiten cargar un sistema operativo en memoria para que se comece a executar. Entres os xestores máis coñcidos en Linux están Lilo e GRUB.

A nova versión GRUB 2 está baseada nun proxecto chamado PUPA coa meta de desenvolver un GRUB máis limpo, seguro, robusto e potente, así como máis portábel e con asistencia para diferentes idiomas.

GRUB

As metas que se fixan para GRUB 2 son:

  • asistencia para scripting, é dicir, poder introducir variábeis, funcións, loops e demais características típicas

  • interface gráfica

  • carga dinámica de módulos

  • portabilidade a outras arquitecturas hardware

  • internacionalización

  • xestión de memoria

  • orientado cara a obxectos, xerárquico e modular

  • posibilidade de instalar GRUB dende outra arquitectura

  • modo “rescate”

  • solución de problemas

O proxecto está aberto a calquera persoa que desexe colaborar con ideas e/ou código. Con este fin, ou simplemente co de informar, está habilitada unha rolda de correo e un wiki.

Fonte: Muylinux.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal