A suite ofimática por excelencia do software libre, LibreOffice, rematou xaneiro anunciando a súa versión 6.0.
O anuncio produciuse o 31 de xaneiro. Como novidades máis relevantes temos: Cambio de aparencia e melloras visuais nas barras de ferramentas, soporte de sinatura e cifrado de documentos con OpenPGP, exportación directa a ePub (formato de libros electrónicos), importación de documentos de QuarkXPress, mellorada a xestión das imaxes incrustadas… Podedes ver todas as novidades na páxina web.
Pouco a pouco esta versión irá sendo adoptando polas distintas distribucións de GNU/Linux, pero se es unha desas persoas que non se pode aguantar e precisa estar á última, podes descargar esta nova versión dende a páxina de descargas.
