A popular distribución Linux Mint, baseada en Ubuntu, ven de publicar unha nova versión, a 18.3.
Un xestor de software mellorado e adaptado aos novos tempos, soporte para paquetes de software flatpak, unha suite de backup mellorada xunto con un sistema de instantáneas da instalación, son das máis salientables novidades nesta nova release, que vai recibir soporte ata o ano 2021, sendo por tanto considerada unha LTS, do inglés Long Term Support. Está dispoñible para descarga aquí.
