Mancomún

Nova versión de Mozilla Firefox

Venres, 1 Decembro 2017

O popular navegador web Mozilla Firefox lanzou este mes de novembro unha nova versión estable, a 57, tamén coñecida como Firefox Quantum, a que incorpora unha chea de melloras.

A novidade máis destacada é que mudaron o motor de renderizado mellorando o rendemento e o consumo de RAM da aplicación considerablemente.

A equipa de Firefox tamén nos quixo dotar de novidades visuais nesta versión que conta cunha nova aparencia en todas as súas plataformas.

Podedes ver máis detalles das novidades introducidas nesta nova versión no blog de mozilla.

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal