Mancomún

Nova versión de OpenERP 5.0 (anteriormente chamado TinyERP)

Mércores, 11 Febreiro 2009

http://openerp.com/templates/tiny/images/openlogo.jpgOpen ERP é un aplicativo que combina as funcionalidades dun sistema ERP (planificación de recursos empresariais) e un CRM (xestor de relación cos clientes). Anteriormente coñecíase como Tiny ERP e está dispoñible no DVD “Ferramentas informáticas para a PEME”.

Entre as súas características máis destacábeis están a contabilidade analítica, contabilidade financeira, xestión de almacéns/inventario, xestión compras e vendas, automatización de tarefas, campañas de mercadotecnia, axuda técnica, TPV (punto de venda), etc…

Open ERP intégrase con diverso software de oficina, dispón de funcionalidades para a xeración de impresos vía PDF e HTML (con envío por fax e/ou e-mail de forma automática), permite exportar datos a outros programas como OpenOffice.org ou o MS Office.

A arquitectura do sistema é cliente – servidor, o que permite que todos os usuarios traballen sobre os mesmos datos, e permite ao mesmo tempo que a maior parte do traballo de procesamento de datos se leve a cabo nas máquinas clientes.

O software funciona sobre Linux e Windows cunha interface desenvolvida sobre Gtk+. Asemade tamén hai dispoñíbel un cliente web chamado Etiny. O motor de base de datos que usa é PostgreSQL…

O modelo de negocio de Open ERP

Dentro do modelo de negocio, para incentivar a creación de módulos á medida, ofrécese a posibilidade de ser un “socio de negocio” e de facer achegas económicas aos desenvolvedores do módulo. Debido a este motivo, moitos módulos aínda non son libres; mais segundo o esquema proposto a intención é que unha vez se teña pagado o desenvolvemento completo dun módulo, este  poida ser liberado ao público xeral.

Nestes momentos existen máis de 350 módulos específicos para distintos sectores de actividade.

Melloras na versión 5

Segundo o blogue dun dos seus desenvolvedores:

“O cambio máis grande que ten Open ERP é que agora pode responder a todas as necesidades dun negocio.

Open ERP V5 non só prové de funcións de xestión, senón tamén de funcións necesarias para a pequena e mediana empresa, como a xestión de procesos por módulos, un wiki, sistema de correo web, “Business Intelligence” (Cube OLAP), sistema de xestión documental (DMS), software de comercio electrónico, etc…

Na parte que se puxo máis énfase foi na simplificación do software para os novos usuarios, un coidado deseño do cliente web, xunto con outras funcionalidades, como implantación de melloras na accesibilidade, posibilidade de arrastrar e soltar, gráficas de Gantt, procesos editabeis, etc..  Tamén se arranxaron máis de 1200 erros nos últimos 5 meses de desenvolvemento.

Esta nova versión tamén trae unha profunda revisión no sitio web  desde o que se pode agora acceder a máis de 1500 páxinas de documentación en xestión de negocios.”

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal