Despois de case 2 anos de traballo intensivo, o equipo de Scribus lanza a nova versión 1.3.5.1 do software de autoedición Scribus. Esta versión é unha versión de desenvolvemento do que será en breve a nova versión 1.4.
Segundo comentan “o equipo de Scribus considera esta versión suficientemente estábel e lista para a maioría dos usos do mundo real… no entanto, aínda pode haber algúns problemas non detectados, polo que os usuarios máis cautos preferirán usar a última versión estábel das series 1.3.3.x”. Ademais, tamén avisan que o formato de ficheiro do novo Scribus non é compatíbel cara atrás, polo que se se abre un ficheiro da versión 1.3.3.x e se garda coa versión 1.3.5.x, este non se poderá volver a abrir coa versión anterior. Isto é moi importante para os equipos de traballo, polo que recomendan traballar sempre coa mesma versión do aplicativo.
Podemos atopar o Scribus en galego grazas ao traballo de tradución de Xose Calvo e Manuel Anxo Rei.
Scribus é un potente aplicativo de autoedición co cal poderás crear co teu computador documentos de todo tipo cunha gran presenza visual. Algunhas das novidades máis interesantes desta versión son:
- Está baseado en Qt 4.4.0
- Dispoñíbel unha versión nativa e cunha mellor integración para Mac OS X e en formato binario universal, de xeito que é válida tanto para os antigos Mac con PowerPC coma para os novos con procesador Intel.
- Engadidos filtros de importación dos formatos Adobe Illustrator, Xfig e WMF
- Engadidos filtros de importación para paletas de cores, permitindo incluso a importación de paletas en formatos EPS/AI
- Melloras no manexo das cores sólidas así como incorporación de novas paletas de xeito predefinido.
- Melloras no tratamento dos PDF: compatíbel co formato de presentación de PDF 1.5, posibilidade de inclusión de ficheiros PDF ou EPS.
- Efectos de transformación para os obxectos.
- Inclusión dun editor de liñas para crear liñas personalizadas, máis formas predefinidas, modelos de liña e puntas de frechas.
- E en xeral, unha gran reescritura do código do aplicativo.
En total, resolvéronse sobre unhas 1100 peticións de características e solucións de erros, entre grandes e pequenos. Podes atopar máis detalles sobre estes cambios nas seguintes ligazóns:
