Mancomún

Nova versión de Wine

Xoves, 2 Abril 2009

http://www.mancomun.org/images/stories/winehq.pngWine ten previsto sacar en novembro do 2009, como moi tarde, a súa nova versión, a 1.2. As principais características que terá esta nova versión serán:

Destas características, prevese implementar primeiro a capacidade USB, para os novos iPods. Esta característica estaba previsto que fose estábel en febreiro pero ao final escolleuse abril como prazo para estabilizalo.

A implementación de Direct3D 10, permitiralles aos  usuarios de Linux,  utilizar aplicativos nos que o rendemento é fundamental, como   os videoxogos, aproveitando o hardware de aceleración, do que dispón a tarxeta gráfica. Direct3D é unha API propiedade de Microsoft e o seu principal competidor é OpenGL.

A compatibilidade con 64-bits é unha das melloras máis esperadas desta nova versión de wine. Xa que ata o de agora podíanse xa executar alguns aplicativos de 64-bits , pero despois de moito esforzo.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal