Acaba de saír a versión 6.1 da plataforma de desenvolvemento NetBeans. Con esta nova versión veñen a dar soporte a novas linguaxes de scripting ademais dun rendemento mellorado (até un 40% máis rápido). Esta versión mellora o soporte das linguaxes, provendo un conxunto moito máis amplo de características para C/C++, JavaScript e a linguaxe de programación Ruby, incluíndo o framework Ruby on Rails. Tamén inclúe un mellor soporte para bases de datos MySQL no explorador de bases de datos.
Actualmente as tecnoloxías soportadas por NetBeans son:
Ajax, C/C++, Databases, Debugger, Desktop, Editor, GUI Builder, Java EE, Java ME, Java SE, JavaScript, Mobile, PHP, Profiler, Refactor REST, Rich Client Platform, Ruby, SOA, SOAP, UML, Web, WSDL, XML…
Algunhas desta novas características están dispoñibles como novos complementos, como son o depurador de JavaScript, soporte para ClearCase, AXIS e Hibernate.
Aquí vos deixamos unha ligazón a un vídeo que mostra o funcionamento do novo editor da linguaxe de programación JavaScript: Novas funcionalidades no editor de JavaScript.
Notas de lanzamento desta versión
Lista de características
Titoriais e documentación
