O pasado 30 de xullo anunciouse o lanzamento da nova versión do software de edición de vídeo Pitivi. Trátase da versión 0.96 na que, ademais da habitual limpeza de erros, esta versión incorpora unha característica fundamental que mellora moito a experiencia de edición. Agora pódese editar e renderizar un proxecto de vídeo con calquera formato de ficheiro de vídeo con gran precisión, grazas á funcionalidade de ficheiros proxy.
En palabras dos propios desenvolvedores de Pitivi, “a dura realidade do mundo da edición de vídeo é que hai só un conxunto limitado de formatos que realmente funcionan ben para propia edición de vídeo”. Sen traballar nestes formatos, a edición podería ser imprecisa ás veces, é por iso que “a experiencia do usuario degrádase cando se usan formatos de contedores non concibidos para a busca rápida e precisa”. Por exemplo, a busca nun formato de vídeo onde os keyframes son intercalados entre frames intermedios como no caso de VP8 ou H.264 é usualmente lenta.
Os desenvolvedores de Pitivi explicitan unha lista branca de formatos contedores nos que a edición de vídeo considerase precisa e fiable:
- Contedores: QuickTime, OGG, Matroska, WebM
- Codecs de vídeo: H.264, MJPEG, VP8, Theora, raw
- Codecs de audio: opus, MP3, Vorbis, FLAC, raw
Para o resto de formatos é para que os desenvolvedores de Pitivi introducen a capacidade de traballar de forma integrada cos formatos multimedia axeitados para edición de vídeo. Isto é o que se fai co que chaman ficheiros proxy.
En comparación con outros editores de vídeo que tamén anuncian o uso de ficheiros proxy con downscaling que, ademais da fiabilidade mellorada, tamén fornecen un mellor comportamento cando o computador non é suficientemente potente para xestionar ficheiros de vídeo de alta calidade en tempo real. No caso da versión actual de Pitivi, esa características aínda non se cumpre pero está contemplada para o caso da versión 1.0.
Aparte da citada funcionalidade de proxy, Pitivi 0.96 tamén inclúe a seguinte lista de melloras:
- Configuración do proxecto: deixar o ordenador descubrir as opcións do proxecto
- Novas opcións de deseño e renderización UI
- Volta da Caixa de transformación
- Cambios de comportamento Timeline
- Ventá de atallos de teclado
- A eliminación undo/redo foi desfeita.
- O manual de usuario foi actualizado para reflectir os últimos cambios
- Cambiouse de AppImage para Flatpak para distribuír o propio paquete de distribución.
