
Posto que o pasado decembro, dende a OSL da USC, xa fixeran a tradución deste mapa, o propio autor contactou desta volta con eles para ver de actualizar a súa tradución. Segundo contan, René comentoulles tamén que nas traducións sempre que se poida se adapten algúns nomes aos que poidan corresponder á zona polo que dende a OSL coméntannos que trataron de facerlle un guiño a todos os GUL e asociacións galegas, é dicir, aos representantes da comunidade de software libre en Galiza. Aseguran que trataron de incluír a todos os existentes, aínda que por cuestións de espazo resultou imposíbel.
René Mérou é mantedor de paquetes de Debian, profesor e socio de Bulma e autor deste famosísimo mapa conceptual do software libre que é xa un documento de referencia.
Os ficheiros cos gráficos desta última versión en galego están dispoñíbeis na web da OSL da USC:
O ficheiro en formato .odg cos fontes desta última versión, en todos os idiomas, pode descargarse dende:
Dende a ligazón mapas conceptuais están accesíbeis todas as fontes deste mapa e de todas as súas versións.
Fonte: OSL da USC
