As novidades da versión cubren principalmente a confección dos esqueletos de presentación (templates) e á depuración do código que o van facer evolucionar máis rapidamente a partir de agora.
Se a instalación era simple, agora é aínda máis curta. Como sempre compatíbel con MySQL, PostGreSQL e SQLite. Tamén se simplifica a interface privada de xestión onde se fai uso profuso de Ajax para mellor confort do redactores. Unha vez instalado temos moito por descubrir:
– configuración de campos de contido
– restauración de copias de seguridade antigas, fusións, incrementais, parciais…
– xestión de plugins automáticos (á parte dos manuais9
– sistema de formularios de metodoloxía CVT (cargar, verificar, tratar)
– novo esqueleto predeterminado, tamén con funcións Ajax e moi parametrizábel (posibilidade de consultas complexas ás taboas da BD, adaptábel)
– utilización de varias bases de datos ou utilizar un único SPIP para múltiples webs (mutualización).
– URL personalizábeis
– Axudas visuais para o desenvolvedor de esqueletos, depuración, optimización, recálculo e tratamento de imaxes.
…
e por suposto unha comunidade multicultural e multilingüe que se encontra arredor das listas de distribución e o web de contribuíntes básico: http://www.spip-contrib.net
Outras referencias iniciais
– Webs de SPIP en galego
– Mostras de deseños
