A Ciberirmandade da Fala nos avisa da nova versión dun dos sistemas para foros máis estendidos, o phpBB3. Esta nova versión tamén conta con unha nova tradución ao galego revisada por eles mesmos a raíz dos erros detectados: “aproveitamos a ocasión de actualizar a tradución ao galego para facer unha pequena revisión xeral na que corriximos algúns erros da mesma, seguindo co traballo de mantemento que vimos facendo de continuo.”…
A versión publicada do phpBB é a 3.0.1 que arranxa diversos problemas de estabilidade, algúns erros, ofrece melloras de rendemento e elimina uns pequenos erros de seguridade.
