A distribución de GNU/Linux Debian, que é unha das máis veteranas, ven de publicar actualizacións de seguridade para as dúas versións que teñen soporte, jessie e stretch.
Para a súa versión stable (stretch) esta é a terceira actualización de seguridade, mentres que para a oldstable (jessie) é a décima. Se tes calquera destas versións da distribución Debian, podes realizar esta actualización de forma habitual co xestor de paquetes.
Podedes ver máis información nas novas de debian 9.3 e debian 8.10.
