Mancomún

Novas actualizacións e proxectos na Forxa

Xoves, 23 Outubro 2008

Dende a semana pasada, a forxa de Mancomún conta con novos e interesantes proxectos:

Forxa de Mancomún

 

 

Katmus : De Orlando García Feal. É unha aplicación para a transcrición musical asistida. Está creada con C++ e QT4 para o sistema operativo GNU/Linux. Xa está dispoñible para a descaga a súa primeira versión , e en breve estará dispoñible o manual de usuario.

VideoEstereo : Un proxecto de Carlos Franco Rodríguez, que nace co obxectivo de implementar unha aplicación, capaz de realizar a captura e reproducción de vídeo estéreo cunha calidad aceptébel, en tempo real

BlueSS Server for Linux : A cargo de Antón Román Portabales. BlueSS é unha aplicación cliente-servidor que permite empregar un teléfono Symbian como unha extensión sen fíos dun cliente VoIP. Este proxecto consite na ampliación do proxecto BlueSS para Linux

Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre

Por outra banda, segue aberto o concurso Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre , no que están inscritos os seguintes proxectos:

Ferramentas de análise de redes … – Ferramenta que extende a funcionalidade do gvSIG para permitir facer cálculos de análises de calquera rede.
Katmus – Aplicación para a transcrición musical asistida, creada con C++ e QT4 para GNU/Linux.
Carlos Franco Rodríguez – Implementación dunha aplicación capaz de realizar a captura e reprodución de vídeo estéreo cunha calidade aceptábel  en tempo real.
ASTRA : Advanced Sphinx TRAiner – Software de xestión avanzada (audio, dicionario, fonemas…) dos proxectos de recoñecemento de voz do motor Sphinx-III.
Guía de empresas – Creación de ferramentas de análise nun sistema de información xeográfica. Creación dun plugin para gvSig que permita a localización, a busca, e a localización de emprazamentos idóneos para novas empresas con base en información xeográfica.
GUI para detección de ovocitos – Interface gráfica que proporciona a apertura de imaxes de ovocitos, e a través dun ficheiro de coordeadas bordea os ovocitos (células), permite tamén tanto modificar estes ovocitos, como eliminalos ou engadir novos ovocitos.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal