Mancomún

Novas memorias de tradución (OpenOffice.org 3 e Gnome 2.26) e actualizacións no Corpus de Mancomú

Martes, 7 Abril 2009

http://corpus.mancomun.org/imax/corpus.png Recentemente publicamos a memoria de tradución do OpenOffice.org 3. Esta memoria é a correspondente para a futura versión 3.1 que podería saír a mediados do presente mes. Tamén foi publicada, o 25 de marzo, a memoria de tradución do Gnome 2.26, que é a versión de Gnome que incluirá a próxima versión de Ubuntu (9.04). Todas estas actualizacións tamén foron propagadas ao aplicativo Corpus de Mancomún de maneira que se poden facer buscas sobre estas traducións.

O Corpus permite facer procuras de palabras en inglés ou en galego nalgún dos distintos proxectos almacenados, e devolve parellas de frases inglés-galego nas que se atopa o texto procurado e o texto traducido correspondente.

Ademais, o Corpus ten unha API aberta (a través de XML e XML-RPC) o que permite a programación de plugins ou aplicacións que traballen contra o Corpus, de maneira que se poden integrar as buscas do Corpus a calquera outra aplicación.

 
MOTORES DE BUSCA
 Ademais, tamén hai dispoñíbeis dous motores de busca (baseados nas especificacións de OpenSearch) para incorporalos na barra de buscas web do Firefox e outros navegadores compatíbeis con OpenSearch, como Internet Explorer.

Existen dous motores, un para a dirección de en->gl (inglés a galego) e outro para gl->en (galego a inglés) que realizan a busca do termo inserido en todos os proxectos. Para instalalos só hai que acceder á páxina inicial do Corpus e ao premer na ligazón correspondente, apareceranos un diálogo de confirmación para a instalación do motor. Aceptamos a instalación e xa teremos instalado o motor de buscas.
Captura de pantalla do motor de buscas do corpus (premer para ampliar)

motor buscas corpus

CÓDIGO FONTE

O código fonte pode descargarse dende a Forxa. A última versión inclúe a API xunto coa documentación e exemplos, en PHP e Python, amosando o seu funcionamento.

Captura de pantalla dunha aplicación GTK facendo buscas no corpus

http://www.mancomun.org/images/stories/corpus-xmlrpc-screenshot.png


Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal