Mancomún

Novas traducións ao galego grazas á comunidade e novo grupo de usuarios: Bagonix.net

Martes, 9 Decembro 2008

Bagonix O usuario mmeixide avísanos nos nosos foros de que grazas á colaboración de varios membros da comunidade de tradución ao galego, xa se atopan dispoñibles as traducións de Ipernity, Adblock Plus e Zotero, entre outras.

Tamén nos comenta a presentación ao público do grupo de usuarios de GNU/Linux do Val Miñor, BaGoNiX.net. Segundo mmeixide:

“O grupo nace sen intención de converterse en asociación, que xa temos GALPon, senón coa intención de traballar coa xente que ten mais dificultade en migrar por causa da fenda dixital, como é a xente do rural, incluíndo a xuventude, mulleres e persoas maiores. Para iso contamos coa nosa páxina, foro, blogue, wiki e universo.”

Na súa páxina web atopamos a seguinte descrición:
“Somos, ou mais ben queremos ser, un grupo de usuarios e xente interesada en GNU-Linux. ou o que é o mesmo, no sistema operativo Linux e as aplicacións de código libre. Tendo nacido o grupo no Val Miñor (BAiona, GOndomar e NIgrán linuX), o noso ámbito non se cingue a eses límites, sendo benvidos os linuxeiros de Oia, A Guarda, Tomiño, O Rosal, Tui, O Morrazo, Valença, Caminha ou Viana do Castelo, por citar algúns.”

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal