Mancomún

Novas traducións dos voluntarios de CiberIrmandade da Fala

Luns, 22 Setembro 2008

CiberIrmandade da FalaA CiberIrmandade da Fala vén de anunciar que o WinMerge xa está traducido ao galego grazas ao esforzo e colaboración dos seus voluntarios.

WinMerge é unha aplicación para Windows que permite visualizar graficamente os cambios realizados sobre ficheiros de texto. É moi útil para determinar que diferenzas houbo nun proxecto e tamén para combinar cambios entre diferentes versións.

Polo momento esta tradución non está incluída oficialmente no proxecto e para telo en galego é preciso descargar o ficheiro da tradución e engadilo ao cartafol linguas de WinMerge.

Agradecen que se envíen os erros ao taboleiro correspondente na web da CiberIrmandade.

Por outro lado, hai xa algúns meses remataron a tradución ao galego do IspCP Omega. Trátase dunha aplicación de Panel de Control Open Source para ISPs, continuación do proxecto VHCS. Esta tradución xorde da demanda de colaboración feita polos propios desenvolvedores do proxecto que están a piques de rematar a versión estable, que polo tanto estará dispoñible en galego dende o seu lanzamento.
 
Fonte: Ciberirmandade
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal