Mancomún

Novas versións de distintos programas en Software Libre

Venres, 28 Marzo 2008

Nestos últimos días acaban de saír novas versións dunha gran variedade de programas en Software Libre. Entre eles destacamos:

  • 7-Zip: Programa de compresión e descompresión de ficheiros que soporta multitude de formatos.
  • Knoppix: Distro en Live CD ou DVD baseada en Debian coa opción de instalarse en disco e que xa trae a opción de usar KDE4 no inicio.
  • Songbird: o programa para música da fundación Mozilla.
  • Mozilla Camino: dispoñible unha nova versión da beta do navagador Mozilla Firefox pero na súa adaptación para a plataforma Mac OS X.
  • Seamonkey: suite completa de internet que contén navegador web, cliente de correo electrónico, axenda de contactos, editor de páxinas web e cliente IRC.
  • GRAMPS: interesante programa de xenealoxía que libera a versión 3.0.0.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal