Mancomún

Novas versións de probas de Firefox 3.6 e OpenOffice.org 3.2

Mércores, 11 Novembro 2009

Hoxe acábanse de anunciar novas versións de probas destes dous aplicativos. En concreto as versións dispoñíbeis son:

  • A segunda beta do Firefox 3.6: Esta nova beta corrixe máis de 190 erros con respecto á anterior beta e inclúe ademais melloras no rendemento e a instalación de temas personalizados cun só click.
  • A primeira compilación de probas do que será o futuro OpenOffice.org 3.2 que sairá aproximadamente á mediados do mes que ven.

Ámbalas dúas se poden descargar en galego desde as seguinte ligazóns:

Firefox 3.6
Beta 2 en galego

Descarga
para Windows
Descarga
para Mac OS X
Descarga
para Linux

OpenOffice.org 3.2 para probas en galego

Descarga
para Windows
Descarga
para Linux (RPM)
Descarga
para Linux (DEB)

Recordamos que estas versións son de probas e poden conter erros importantes que impidan o normal funcionamento do aplicativo polo que só se recomenda instalar estas versións a aqueles usuarios avanzados que queiran axudar na fase de probas dos mesmos. Podedes notificar dos erros destas versións a través das páxinas oficiais de coordinación de ámbolos dous proxectos en http://galician.mozdev.org e http://gl.openoffice.org.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal