Mancomún

Novell lanza a súa tenda de aplicativos en liña

Venres, 12 Xuño 2009

A tendencia actual da venda de software nas grandes compañías é ofrecer os seus produtos/servizos a través de tendas en liña, estando á vista de todos e podendo ser adquiridos de forma sinxela por calquera usuario. A última en presentar a súa tenda é Novell.

Novell pretende crear unha tenda de aplicativos de código aberto, "Open Source App Store" para atender os novos usuarios que chegan ás plataformas netbook con sistemas GNU/Linux. A idea é facilitar o cambio de mentalidade dos usuarios que comezan a usar computadores con GNU/Linux e ofrecerlles unha serie de aplicativos de código aberto dunha maneira moi sinxela. Os frutos desta estratexia esperan verse na nova versión Moblin OS de openSUSE…
Holger Dyroff dixo: "o usuario final verá como a tenda de aplicativos permite que se instalen cun só click. A diferenza doutras tendas, non terán que pagar por ningún aplicativo, o que será moi atractivo", comparando a tenda de Novell coas tendas en liña dos smarthphones.

Fonte:
http://muycomputer.com/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal