Mancomún

Novidades de Firefox 3.0.4

Xoves, 13 Novembro 2008

Acaba de saír a versión 3.0.4 de Firefox que contén as seguintes actualizacións:

  • Arranxados varios problemas de seguridade.

  • Arranxados varios problemas de estabilidade.
  • Están dispoñibles novas localizacións a outros idiomas. 
  • Actualizada a lista interna de sufixos públicos.
  • Arranxado un problema no panel de marcadores. (bug 433340)
  • Activados nevos certificados raíz EV. (bug 451305)
  • Arranxado un problema que provocaba que algúns contrasinais gardados usando Firefox 3.0.2 non funcionaran correctamente. (bug 457358)
  • Nalgunhas situacións, Firefox non gardaba correctamente a configuración proxy para protocolos diferentes do HTTP. (bug 446536)
  • Para ver os cambios en publicacións previas, lea as notas de versión de Firefox 3.0.3.

Lista completa de problemas arranxados

Podes descargar o Firefox en galego desde as seguintes ligazóns:

Galego 3.0.4 Windows MacOS X Linux

Comproba que ten de novo, os problemas coñecidos e as pregunta de uso frecuente acerca da última versión de Firefox. Podes poñerte en contacto para expresar a túa opinión sobre a nova versión a través deste formulario de contacto ou enviando un bug a través de Bugzilla.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal