O GLUG anuncia o cambio de enderezo das súas roldas de correo, até o de agora, albergadas nos servidores de Mancomún:
“A área de sistemas do Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza rematou hoxe mesmo a migración das roldas de discusión a un servidor compartido co Grupo de Usuarios de Linux de Pontevedra. Grupo co que agardamos colaborar en moitos máis proxectos debido á grande sintonía entre as dúas asociacións.
O novo enderezo da rolda de discusión xeral é https://roldas.glug.es/mailman/listinfo/glug.
Todos aqueles que estiveran subscritos á anterior rolda pública glug@mancomun.org non deberán preocuparse por nada xa que se mantén a súa subscrición. Máis se queren enviar mensaxes deben cambiar o enderezo de envío a glug@roldas.glug.es.”
Ademais, en Inestable anuncian a dispoñibilidade dun centro social para o grupo:
“En Inestable estamos de en hora boa xa que, finalmente, temos un local social!!
Estamos todos moi emocionados pola nova cesión do concello no terceiro andar do edificio da Casa da Cultura de Ordes. Esperamos poder ter acceso a el en vindeiros días e acondicionalo con todo o material que fomos acumulando ó longo da nosa andaina asociativa.
Temos moitas ideas para poder espremer ó máximo as instalacións con obradoiros e cursos semanais ademais de moitas outras cousas.
Comezamos unha nova fase en Inestable moi interesante!”
Máis info nas novas aparecidas en cadansúa web:
http://www.glug.es/
