Estase a producir moito movemento ultimamente dentro da Forxa . Sirva o seguinte como un resumo da recente actividade:
Unha boa nova dende o proxecto Traducción ao galego do Joomla 1.5 :
Actualizada a tradución da parte pública de Joomla! á versión 1.5.7. Queda pendente a parte de administración, que estará lista proximamente. Obra da xente de http://comunidadLibre.es
Actualización:
Indícannos por correo electrónico que “desde o 30 de setembro 2008 están traducidas as versións 1.5.7 administración e sitio por trasno e ciberirmadade
O proxecto está na forxa de joomla!, o enderezo é este
http://joomlacode.org/gf/project/galiciantra/frs/ “
Moitas grazas a damufo pola información.
Dende o apartado Solicitudes de axuda da Forxa, este proxecto solicita a todo aquel que estea interesado axuda para probar a fondo esta aplicación.
O proxecto Plugin Open tran para o gedit vén de presentar o plugin do Open tran para o gedit 2.24, xa plenamente funcional
Liberada a versión “lite” de ASTRA 0.9 beta, que non inclúe Sphinx3, SphinxBase nin SphinxTrain (o que aforra 190MB do paquete, pero aínda seguen a ser precisos). Deberase de ler o ficheiro “README” adxunto no paquete antes da súa compilación.
ASTRA é un software de xestión avanzada (audio, diccionario, fonemas…) dos proxectos de recoñecemento de voz do motor Sphinx-III
Ademais desta liberación, foi tamén publicado un parche que soluciona problemas de compilación baixo certas circunstancias. Este parche autorexenera o Makefile e revisa o path dos includes.
A Forxa de Mancomún é un espazo colaborativo pensado para facilitar a creación, o mantemento e a distribución de proxectos, tanto de creación de software coma de documentación.
