Desde os primeiros días deste mes a Free Software Foundation ten dispoñible na súa web novas seccións (aparte do cambio de deseño da web). Unha destas novas seccións é a páxina de ofertas de emprego de software libre, ao estilo da nosa rolda de correo en Mancomún.
Como o servizo está de estrea, durante este mes pódense enviar as ofertas de emprego gratis. Unha vez pasado este mes, a FSF comezará a cobrar polo servizo.
Tamén recentemente publicaron as novas versións dos logos da FSF adaptados á nova versión da GPL. Podes ver os novos logos premendo en “Ler máis”…
Novos logos da GPL adaptados á versión 3:
| GPL v3 | LGPL v3 | AGPL v3 |
|
|
|
|
