A primeiros deste mes publicouse no OSOR, o repositorio europeo de fontes abertas, con licenza EUPL unha ferramenta destinada a facilitar ás organizacións de axuda humanitaria o intercambio de propostas e informes por medios electrónicos co Departamento de Axuda Humanitaria da Unión Europea (ECHO). Publicouse .
A ferramenta, denominada ECHO Offline eSingleForm, permite aos usuarios codificar as súas propostas e informes nun formato predefinido. Este formato de documento, o Single Form, é un dos requirimentos para a presentación de propostas de proxectos humanitarios a ECHO. Segundo a descrición dos propios desenvolvedores, “a ferramenta ofrece unha interface de usuario e axuda para a elaboración do documento nos seus computadores e que logo poden subir directamente ao sistema APPEL para iniciar o proceso de aprobación de ECHO.
Empregando estes formularios electrónicos preténdese reducir os erros e axilizar o fluxo de traballo de ECHO. Ademais permitirá que todos os documentos; propostas, emendas e informes; se arquiven automaticamente e de xeito uniforme e que poidan ser accedidos por todos aqueles usuarios involucrados nun determinado proxecto tendo así acceso á información máis actualizada da situación real dos seus proxectos.
A Comisión Europea é unha das maiores fontes de axuda humanitaria no mundo. En 2008, ECHO destinou 937 millóns de euros para programas humanitarios. Nos últimos anos, ECHO financiou proxectos levados a cabo por máis de 150 ONG.
Fonte: OSOR
