Mancomún

Novo artigo tecnolóxico dedicado á seguridade das TIC e o modelo SCAP

Mércores, 1 Novembro 2017

Hoxe en día vivimos nunha realidade na que as aplicacións están cada vez máis interconectadas. A seguridade nas TIC ou ciberseguridade está cada vez máis no punto de mira. As fallas nunha aplicación adoitan levar á explotación doutras aplicacións. Os atacantes están ansiosos para aproveitar calquera falla en calquera aplicación que lles permita alcanzar o seu obxectivo. Neste contexto, verificar que as aplicacións cumpren correctamente os mecanismos de seguridade e non conteñen vulnerabilidades é fundamental.

Dende Mancomún seguimos traballando en prol de facilitar a análise técnica de tecnoloxías profesionais con licenza libre interesantes para ás nosas TIC. E seguindo con esta idea e enfocándonos na temática da seguridade, publicamos hoxe un novo artigo tecnolóxico no que nos centramos na Seguridade nas TIS e tamén en SCAP (Security Content Automation Protocol), o protocolo aberto de definición de datos para a xestión da seguridade.

O protocolo SCAP é un modelo que trata de dar resposta a estas necesidades que se identifican da análise da Seguridade das Tecnoloxías da Información. Tamén é unha especificación aberta na súa definición o que a converte en especialmente interesante en canto que é posible o seu uso e modificación por parte de calquera persoa ou entidade que desexe participar na súa evolución.

Continúe lendo o artigo Seguridade nas TIC e o modelo SCAP.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal