Mancomún

Novo Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente ao mes de Xullo

Mércores, 6 Xullo 2016

Xa está publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Xullo, e que como é habitual vén cargado de interesante novas neste ámbito, así como dun caso de éxito dunha ferramenta de software libre.

Logo de WordPress

Este mes o proxecto destacado é WordPress, un xestor de contidos de software libre, moi coñecido e un dos máis empregados. Neste caso destacamos algúns casos de éxito por parte de administracións públicas nos que se pode ver a súa versatilidade, xa que se pode empregar para sitios sinxelos pero tamén para portais máis ambiciosos, dende o punto de vista dos contidos e o deseño.
En canto ás novas, destacar no apartado de liberacións os máis de 160.000 ficheiros de datos xeográficos postos a disposición polo goberno de Navarra, ou a actualización do dicionario de pronuncia da Lingua Galega, liberado o ano pasado e que se actualiza con novos termos.

Nesta edición do boletín destacan tamén varias iniciativas de migración a software libre en Rusia ou Ciudad Real, ou a aposta que segue a manter Andalucía.

Destaca tamén unha entrevista a José Manuel Alonso, director de Programas de OpenData na World Wide Web Foundation sobre a súa visión do futuro dos datos abertos.

Boletín de reutilización de Software Libre

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal