Mancomún

Novo obradoiro do ciclo 'Tecnoloxía e software libre' no centro penitenciario de A Lama

Luns, 22 Xuño 2015

Logo de melisaA Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA), comeza mañá martes 23 de xuño, un novo obradoiro do proxecto "Tecnoloxía e software nos centros penitenciarios galegos" no centro penitenciario de A Lama.

Un total de 12 internos pertencentes ao módulo de respecto, serán os
destinatarios deste taller, no que se utilizará material informático
doado polo colectivo de usuarios de software libre con sede en Melide.

Os participantes neste taller poderán aprender a montar un ordenador
persoal identificando os diferentes compoñentes do mesmo. Detectar as
avarías máis comúns, e realizar labores de mantemento dos mesmos. E
finalmente, serán capaces de instalar e configurar un sistema operativo
GNU/Linux, co propósito de que estes equipos poidan formar parte dunha
nova aula de informática no módulo de respecto.
Os voluntarios de Melisa encargados de impartir este taller serán Rafael
Rodríguez, Jorge Lama e Salvador Tabarés, os cales xa contan con
experiencia neste tipo de talleres nos diferentes centros penitenciarios de Galicia.

Este proxecto formativo desenvólvese grazas á colaboración da Asociación Melisa co Programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia, e forma parte das actividades que esta asociación realizará ao abeiro do próximo convenio de colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) no marco do Plan de Acción de Software Libre da Xunta de Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal