Logo de seis meses de desenvolvemento, xa está a disposición da comunidade a nova versión 2,5 de WordPress. Entre outras cousas, o máis destacable desta é o total redeseño do panel de administración, con novo “look” e melloras en usabilidade.
Ademais, dispón dun taboleiro completamente configurable, subidas múltiples de arquivos, incorporación das galerías de imaxes, actualizacións de plugins desde o propio servidor, xestión de etiquetas, edición a pantalla completa, melloras no editor [[WYSIWYG]] agora máis compatible con [[safari]], gravatar incorporado, marcadores dinámicos con textos completos, e melloras en seguridade e en velocidade.
Fonte: WordPress.org
