Continuando co seu obxectivo de contribuír a achegar as tecnoloxías libres á cidadanía, como punto de partida para poder seguir divulgando este concepto en posteriores accións de comunicación para que o seu uso sexa verdadeiramente coñecido, CENATIC vén de poñer a disposición do público 3 novos fascículos tecnolóxicos que complementan aos catro publicados ata a data, dos que xa informamos no pasado mes de marzo.
Estes novos fascículos son:
- Fascículo 5: OpenOffice.org Writter y Calc. Marc Bellzunces.
- Fascículo 6: OpenOffice.org Impress y Draw. Francesc Dorca i Badia.
- Fascículo 7: OpenOffice.org Base. Gerard Farrás i Bellabriga.
Cada fascículo está publicado baixo licenza Creative Commons (Recoñecento-NonCormercial-CompartirIgual 2.5 España), sendo o autor orixinal de cada obra o que aparece xunto ao título.
A colección completa de 7 fascículos foi publicada orixinalmente en catalán no ano 2006 polo Concello de Barcelona Posteriormente, a Junta de Andalucía traduciu a colección orixinal completa ao castelán, distribuíndoa en pdf dende a web de Guadalinex. En CENATIC, coa axuda de Edit Lin, veñen de actualizar estes fascículos e están a elaborar algúns novos nunha colección que agardan seguir facendo medrar tamén coas suxestións dos propios lectores.
Sen dúbida, o software libre é unha tendencia xa imparable na sociedade tecnolóxica de hoxe, e un elemento crave para o desenvolvemento dunha verdadeira sociedade en rede para todos. Ninguén pode xa pór en dúbida as súas innumerables vantaxes fronte a outras alternativas de software en canto a aforro, calidade, seguridade, independencia tecnolóxica, etc.
Fonte: CENATIC
