Aquí vai un resumo do que foi a actividade na Forxa estes días:
![]()
O proxecto Herramientas de análisis de redes engadiu a documentación presentada o 12/11/2008 no concurso patrocinado por Igalia + Forxa de Mancomún + Universidades galegas.
Este proxecto é unha ferramenta que extenda a funcionalidade do gvSIG para permitir facer cálculos de análise de calquera rede.
Publicouse a versión 1.0 de govocitos . Esta ferramenta é unha interface gráfica que proporciona a apertura de imaxes de ovocitos, e a traves dun ficheiro de coordenadas bordeas os ovocitos (células), permítese tamén modificar estes ovocitos, por exemplo eliminándoos ou engadindo novos ovocitos.
Dende o martes 18 de Novembro está dispoñible para a descarga o Proxecto xesRURAL , unha aplicación web orientada as casas Rurais de Galiza que permite levar a xestión de operacións deste tipo de negocios. No apartado Solicitudes de axuda vemos que este proxecto está a buscar desenvolvedor(es).
O proxecto MaxWeb liberou xa a súa versión 2.1.0 . MaxWeb permite ter acceso dende un navegador web a todo tipo de cálculos matemáticos. Para máis información sobre MaxWeb , podedes dirixirvos á súa páxina de inicio .
Por outra banda, entre os proxectos recentemente rexistrados na forxa atopamos
- Exeria : un corrector de linguaxe non sexista para galego ILG-RAG desenvolvido para OpenOffice.org 2.x
- Portal Comercio Electrónico Multitenda baseado en Magento, do que xa se pode descargar a súa versión 1.0
