Mancomún

Número 08 – Boletín Software Libre na Empresa – Xaneiro 2018

Luns, 22 Xaneiro 2018

Novas

Na primeira fin de semana de Febreiro en Bruxelas terá lugar unha vez máis a FOSDEM, reunindo a máis de 8000 desenvolvedores e usuarios de software libre, un lugar onde miles de desenvolvedores e usuarios intercambian ideas, experiencias e coñecementos técnicos relacionados con tecnoloxías libres.

En decembro xa se daban a coñecer que existían diversas vulnerabilidades nos procesadores fabricados dende 1995, pero cando se fixeron oficiais por parte dos fabricantes foi en xaneiro, e foi daquela cando publicamos unha nova sobre o estado das vulnerabilidades Meltdown e Spectre.

A SmartPeme de Pontevedra, dependente da Deputación de Pontevedra está ofrecendo uns eventos de formación para PEMES dentro dos cales están algúns relacionados con software libre. Como pode ser o de Comercio electrónico para micropemes ou o de Woocommerce, que consta de 2 módulos: Módulo 1 e Módulo 2.

Proxecto destacado


FacturaScripts é un software que xunta funcionalidades dos sistemas de xestión empresarial, tamén coñecido como ERP e dos sistemas xestores de relación cos clientes, ou CRM.

Trátase dunha aplicación web programada en PHP e liberada baixo a LGPL que serve para realizar xestión contable e facturación que destaca pola facilidade de uso e instalación, accesible dende calquera navegador e por ser un software modular que foi deseñado para poder ser ampliado mediante plugins de forma sinxela, podes ver todos os plugins dispoñíbeis no catálogo web.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal