Novas
- A cidade de Turín migra os seus sistemas a GNU/Linux [ Ler máis… (En Castelán) ]
- A Generalitat Valencian publica 3 novas solucións no CTT [ Ler máis… (En Castelán) ]
- O goberno Holandés ven de publicar o seu servizo de almacenamento de ficheiros Open Source [ Ler máis… (En Inglés) ]
- A NASA migra a Drupal como CMS, destacando a facilidade de uso como un dos argumentos [ Ler máis… (En Inglés) ]
- Novas certificacións da Linux Foundation [ Ler máis… (En Inglés) ]
- O goberno de Brasil lanza un servizo na nube orientado a fornecer recursos aos municipios, baseado en OpenStack [ Ler máis… (En Inglés) ]
- Proxectos Open Source máis destacados para ofrecer servizos na nube [ Ler máis… (En Inglés) ]
Formación
- Obradoiro: Avaliación de proxectos libres para cubrir as necesidades TIC
- Obradoiro: Bash scripting: Realización de interfaces gráficas
Caso de éxitoImplantación de FixMyStreetNesta edición presentamos como caso de éxito varias implantacións da plataforma FixMyStreet en diferentes concellos, orientadas todas elas á participación cidadá coma ferramenta para mellorar a conservación e os equipamentos das rúas nas cidades. Actualmente está implantado nos seguintes concellos de Reino Unido: Está prevista tamén a súa implantación noutros concellos: Liverpool City Council, Warwickshire County Council and East Sussex County Council. Fora do Reino Unido foi implantado tamén polo goberno da cidade de Zurich (Suiza) |
Proxecto destacado FixMyStreet é unha plataforma que permite lanzar sitios web a través dos cales a cidadanía en xeral, pode reportar problemas relacionados coa conservación das rúas, como deterioro no pavimento ou falta de iluminación. É Software Libre e conta cunha solución especialmente para os concellos, permite integrarse cos sistemas propios, elaborar informes e xestionar os fluxos de traballo que seguen os reportes ata que son resoltos. Máis información: |
Publicacións
- Primeira parte (En Inglés)
- Segunda parte (En Inglés)
Entrevista con Pia Mancini, política arxentina impulsora de DemocracyOS, unha plataforma open source que permite achegar aos cidadáns cos seus representantes electos para compartir propostas e debatir sobre elas.
Segue a
![]() |
Alberto Ortiz de Zarate (@alorza) |

