Mancomún

Número 12 – Xullo 2015

Venres, 3 Xullo 2015

Novas

  • A NASA publica o seu catálogo anual de software con máis de 1000 aplicacións de software libre [Ler máis… (En Castelán)]
  • O Goberno Vasco empregará Telegram para interactuar coa cidadanía [Ler máis… (En Castelán)]
  • O Goberno das Illas Baleares publica unha ferramenta de software libre para a creación de pequenas webs informaticas [Ler máis… (En Castelán)]
  • RIPEA, repositorio de expedientes electrónicos corporativo, unha solución de software libre desenvolvida polo Goberno de Baleares [Ler máis… (En Castelán)]
  • PORTAFIB, o portasinaturas electrónico de software libre do Goberno Balear [Ler máis… (En Castelán)]
  • A Unión Europea lanza a súa folla de ruta a 5 anos, sobre as políticas TIC e de software libre [Ler máis… (En Inglés)]
  • O Goberno da India anuncia que incluirá o software libre como prioridade nas propostas de contratación de novos desenvolvementos [Ler máis… (En Inglés)]
  • Rusia anuncia un importante plan de migración a software libre [Ler máis… (En Inglés)]
  • A Xunta de Galicia publica varias solucións de software libre no catálogo do CTT [Ler máis… (En Inglés)]
  • A oficina federal de seguridade informática Alemá, valida ownCloud como solución para entornas de alta protección [Ler máis… (En Inglés)]
  • A oficina de catastro holandesa migrou a PostgreSQL catro dos seus principais servizos [Ler máis… (En Inglés)]
  • Dous tercios dos puntos de intercambio de Internet en Europa están a empregar unha solución Checa de software libre [Ler máis… (En Inglés)]
  • Novos casos de éxito proban a viabilidade de gvSIG como sistema de información xeográfica corporativo [Ler máis… (En Inglés)]
  • Renater, a rede nacional de organismos de investigación e educación en telecomunicacións francesa implantou LibrePlan, solución de software libre galega [Ler máis… (En Inglés)]

Formación/Eventos

Caso de éxito

Proxecto destacado

Personalización de Nagios para o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas

Nagios: Sistema de monitorización de redes

O obxectivo do proxecto era poder monitorizar os recursos da rede do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (MINHAP) dunha forma centralizada, así como recibir de forma automática os avisos ou alarmas que se produzan.

A personalización realizada para o MINHAP sortea bastantes dos problemas de configuración e xestión de Nagios, así como de adaptación de imaxe corporativa, con desenvolvemento de múltiples plugins e dependencias que melloran a xestión das redes.

Para obter máis información sobre a personalización realizada polo MINHAP pódese consultar a páxina do proxecto dentro do catálogo do Centro de Transferencia de Tecnoloxía (CTT) a través desta ligazón

Nagios é unha aplicación de Software Libre con licenza GNU/GPL que permite a monitorización de calquera equipo ou servizo que estea en rede tanto en contornas Windows como GNU/Linux.

Dita monitorización realízase mediante a execución a intervalos regulares dunha serie de programas externos (plugins). Son estes plugins os que realmente realizan a monitorización dos equipos e servizos e devolven o resultado ao núcleo de Nagios, o cal se encarga de presentar os resultados nunha interface común e de realizar diversos tipos de accións segundo o resultado devolto, como pode ser notificar vía mail ou executar outros programas externos.

A interface de usuario é unha aplicación Web, por tanto calquera navegador pode ser utilizado como consola da aplicación.

Publicacións

  • Boletín de indicadores da Administración Electrónica en España [PDFODS]
  • Guía de contratación de produtos de ofimática baseada no estándar ODF do Reino Unido [(En Inglés)]

Segue a

Observatorio de Administración Electrónica(@OBSAE)
Conta oficial do Observatorio de Administración Electrónica.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal