Mancomún

Número 13 – Agosto 2015

Luns, 3 Agosto 2015

Novas

  • Xeovisor de visualización de datos de pesca artesanal no País Vasco [Ler máis… (En Castelán)]
  • A Facenda francesa libera o código do seu software [Ler máis… (En Inglés)]
  • A cidade grega de Livadeia migra a LibreOffice [Ler máis… (En Inglés)]
  • Francia publica unha actualización sobre as súas políticas de accesibilidade web para incluír tecnoloxías modernas como HTML5 [Ler máis… (En Inglés)]
  • A Comisión Europea publica como Software Libre, LEOS, unha solución para o procesado automático de textos legais [Ler máis… (En Inglés)]
  • O goberno de Croacia emprega Software Libre nas súas plataformas de servizos de información xeográfica [Ler máis… (En Inglés)]
  • A administración Grega está en proceso de migración dos seus servizos de información xeográfica a solucións de software libre [Ler máis… (En Inglés)]
  • O goberno de Andalucía renova a súa distribución de software libre para o escritorio corporativo [Ler máis… (En Inglés)]

Caso de éxito

Proxecto destacado

Usos de Liferay na administración pública

Liferay: Xestor de contidos de Software Libre

A nova web do Instituto nacional de administración pública de España, que inclúe unha sede electrónica está implementada con Liferay, que ademais actúa como xestor dos diferentes portais. Para este caso de uso téñense desenvolvido funcionalidades específicas, para usuarios rexistrados, mediante portlets.

EJIE, empresa pública do Goberno Vasco para a modernización da administración pública, ten varios desenvolvementos sobre Liferay, un deles é un portal de contidos, temáticas e información de actualidade que aglutina toda a información regrada e non regrada dos centros públicos e privados do País Vasco. Liferay facilita o entorno colaborativo de comunidades, organizacións, xestión de contidos e funcionalidades sociais.

Internamente podemos destacar xa o emprego de Liferay dentro da propia Xunta de Galicia en proxectos como Desourb ou PasaXe! o portal de interoperabilidade que permite o intercambio de información entre as administracións autonómica e local, e tamén o portal principal Xunta.es

Liferay é un portal de xestión de contidos, de sofware libre, escrito na linguaxe de programación Java. Foi creado no ano 2000 como solución para organizacións sen ánimo de lucro. Entre as súas principais características destacan:

  • Compatible coa maioría de servidores de aplicacións, contedores de servlets, bases de datos e sistemas operativos
  • Máis de 60 portlets por defecto (chat, correo electrónico, calendario…)
  • Páxinas personalizadas para os diferentes tipo de usuarios
  • Cambio na aparencia do portal dependendo do dispositivo dende o que se accede

Segue a

Liferay España(@Liferay_es)
Conta oficial de Liferay en castelán, con información de todo o que acontece sobre Liferay en España.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal