Mancomún

Número 14 – Setembro 2015

Martes, 1 Setembro 2015

Novas

  • Arduino estará presente neste curso escolar en 50 escolas de Cataluña [Ler máis… (En Castelán)]
  • Publicación de novas versións de MiniApplet e AutoFirma, solucións de @firma para entornas sen soporte Java [Ler máis… (En Castelán)]
  • Experiencia de migración a Libre Office na cidade de Nantes [Ler máis… (En Inglés)]
  • A cidade grega de Livadeia migra a LibreOffice [Ler máis… (En Inglés)]
  • O goberno de Quebec publica un Sistema de Información Xeográfica de software libre para os servizos de emerxencia [Ler máis… (En Inglés)]
  • A TV e radio Checa migra as súas páxinas web a Drupal [Ler máis… (En Inglés)]
  • Dispoñible ferramenta de conversión de metadatos para a publicación de información xeográfica seguindo as directrices de INSPIRE [Ler máis… (En Inglés)]
  • A rexión Sueca de Halland desenvolve novas funcionalidades para o sistema de bibliotecas KOHA [Ler máis… (En Inglés)]
  • A axencia de innovación Sueca contribúe con melloras a CKAN, a plataforma de software libre para construír portais de datos abertos [Ler máis… (En Inglés)]

Formación/Eventos

Caso de éxito

Proxecto destacado

Usos de Drupal na administración pública

Drupal: Xestor de contidos de Software Libre

Son moitos os exemplos de administracións públicas que apostan por Drupal como CMS para os seus portais, tanto institucionais como de servizos. A continuación mostramos algúns dos máis destacados, aínda que habería moitos máis, a nivel internacional, europeo e nacional.

Internacional

O caso da web da Casa Branca é sen dúbida un dos máis salientables, xa que ademais na súa implantación desenvolvéronse funcionalidades que contribuíron á mellora de Drupal.

Europeo

O portal do Goberno Francés, o portal de Datos Abertos do Reino Unido son exemplos de usos de Drupal.

Nacional

No ámbito nacional podemos destacar, por exemplo o portal de turismo da comunidade valenciana, ou varias iniciativas dentro da propia Xunta, como o portal de educación ou a web de CDTIC.

Drupal é un xestor de contidos, de sofware libre baixo licenza GPL, modular e moi configurable, que permite publicar artigos, imaxes e todo tipo de ficheiros. Está escrito na linguaxe de programación PHP e destaca pola calidade do seu código e das páxinas xeradas, o respecto ao estándares web, así como por ter unha comunidade de desenvolvemento moi activa. Entre as súas principais usos destacan:

  • Portais comunitarios
  • Foros de discusión
  • Sitios web corporativos
  • Aplicacións de Intranet
  • Directorios de recursos
  • Bibliotecas e ficheiros
  • Sitios de redes sociais
  • Aplicacións de comercio electrónico

Segue a

Drupal Planet(@drupalplanet)
Conta de twitter con novas sobre o mundo Drupal.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal