Novas
- A traducción de Moodle ao galego supera xa o 85% [Ler máis…]
- O goberno do Reino Unido publica Topografías LIDAR con licenza aberta [Ler máis… (En Castelán)]
- O governo de Múnich colabora activamente no desenvolvemento de software libre [Ler máis… (En Castelán)]
- O Observatorio de Accesibilidade Web publica unha nova guía de accesibilidade para documentos PDF [Ler máis… (En Castelán)]
- LibreOffice, a suite de ofimática de software libre, cumpre 5 anos [Ler máis… (En Inglés)]
- O ministro de defensa italiano anuncia a migración de 150.000 equipos a LibreOffice [Ler máis… (En Inglés)]
- O goberno do concello de Madrid lanza o portal de participación cidadá, desenvolvido e publicado con licenza libre [Ler máis… (En Inglés)]
- Conxunto de ferramentas de Software Libre para a conservación do patrimonio cultural [Ler máis… (En Inglés)]
- Listado de ferramentas de software libre para o eido sanitario [Ler máis… (En Inglés)]
Formación/Eventos
- Obradoiro: Colaboración e participación dixital para o terceiro sector con ferramentas libres
- Obradoiro: CiviCRM: captación de fondos e comunicación cos grupos de interese no terceiro sector
- Xornadas: LIBRECON 2015 – Business and Open Technologies Conference (Santiago de Compostela)
Caso de éxito |
Proxecto destacado |
|
|
|
|
Usos de Moodle na administración pública |
Moodle: Plataforma virtual de formación de Software Libre |
|
|
Existen moitos casos de uso de moodle en todo o mundo, dende administracións, pasando por universidades, ata empresas e entidades privadas, con todo tipo de contidos. Dentro do uso que se fai de moodle por parte das administracións públicas podemos atopar moitos exemplos como no caso do Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) ou a Plataforma de Formación Online da Junta de Andalucía. Na Xunta de Galicia esta plataforma está sendo empregada xa en diferentes sitios, por exemplo na Consellería de Educación existe unha plataforma para a formación do profesorado ou unha para os centros educativos. A EGAP tamén ten a súa plataforma de teleformación así como a rede CeMIT. |
Moodle é unha plataforma virtual de formación, de sofware libre baixo licenza GPL, que permite a xestión de cursos en liña tanto para aprendizaxe virtual como para complementar cursos presenciais. Está pensado de xeito social, creando un ambiente de colaboración, actividades, reflexión e crítica, con ferramentas deseñadas para o aprendizaxe virtual. Segundo as estatísticas de moodle, existen a día de hoxe máis de 60.000 sitios rexistrados, en máis de 200 países, que ofrecen algo máis de 8 millóns de cursos a algo máis de 78 millóns de usuarios, e a plataforma está traducida a máis de 80 idiomas. |
Publicacións
- Informe anual "La Sociedad en Red 2014" [PDF]
- Guía online sobre o estándar ODF do Reino Unido [(En Inglés)]
Segue a
![]() |
Martin Dougiamas(@moodler) |

