Novas
Publicouse un novo artigo tecnolóxico sobre organización e xestión de proxectos.
A Amtega está a desenvolver o Plan de Software Libre 2018 con 110 actuacións para empresas, a cidadanía e a administración.
Chega a versión estable 1.0 de Flatpak, un novo xeito de instalar aplicacións en GNU/Linux.
No CDTIC están a organizar diversas actividades relacionadas con tecnoloxías libres. Dende sesións demostradoras sobre Joomla, sobre o software de monitorización Zabbix e sobre o software de xestión Odoo ata un obradoiro sobre datos libres.
A asociación Galpon organiza dúas sesións de obradoiros sobre mapas libres.
A asociación GPUL acolle en setembro a conferencia XDC e para ir abrindo boca a este evento comeza os GPUL Labs deste curso cunha charla sobre Mesa.
Proxecto destacado

Taiga é unha plataforma de xestión de proxectos deseñada para os proxectos de software, pero tamén se pode utilizarse noutros ámbitos. Nas metodoloxías de traballo onde destaca Taiga é nas áxiles, nomeadamente Kanban e Scrum.
Taiga trátase dunha aplicación web que se pode empregar tanto nun servizo na nube de terceiros, incluído o fornecido por Taiga, coma nunha instalación en infraestrutura propia. Esta ferramenta conta coa posibilidade de integración con múltiplas plataformas como poden ser Trello, Jira, Asana ou Github.
